Regulamento III Trail Monte Aloia
- A proba terá lugar o día 29 de abril de 2018 transcorrendo na súa maioría polo Parque Natural do Monte Aloia no Concello de Tui.
- A proba está organizada por la Asociación Cultural Com. Festas Virgen Dolores en colaboración co Concello de Tui.
- Existirán dous recorridos, o trail de aproximadamente 25 km con 1400m de desnivel positivo e o minitrail de aproximadamente 15 km con 800m de desnivel positivo. Nos dous casos trátase dun recorrido circular con saída e meta no complexo deportivo da Macoca situado na parroquia de Pazos de Reis. A hora de saída será ás 9:00 para o trail e as 9:30 para o minitrail.
- Poderán participar na proba todos aqueles corredores, que tendo cumprido os 18 anos de idade no día da proba, e baixo a súa responsabilidade, se consideren en condicións físicas aptas para afrontala.
- Existirán as seguintes categorías
- Absoluta masculina
- Absoluta feminina
- Vetaranos masculina (de 40 anos en diante)
- Veteranas feminina (de 40 anos en diante)
- Entregaranse premios aos tres primeiros clasificados das catro categorías.
- Tódolos participantes recibirán un obsequio conmemorativo da proba no momento de recoller o dorsal.
- O importe da inscrición será de 15 euros para o trail e de 12 para o minitrail sendo o último día o 24 de abril de 2018 ás 23:59. A partir do día 17 de abril estes prezos incrementaranse pasando a ser de 20 euros para o trail e 16 para o mini trail.
- Poderanse recoller os dorsais o sábado día 28 dende as 16:30 ata as 21:00 no complexo deportivo da Macoca. Ademais, tamén se poderán recoller o mesmo día da proba dende as 8:00 ata as 8:45 nas inmediacións da saída. No momento de recoller o dorsal é necesario mostrar un documento que identifique ao corredor.
- Existirán tres avituallamentos para o trail e dous para o minitrail. Sendo no primeiro caso un líquido e dous sólidos/líquidos e no caso do minitrail un de cada.
- O percorrido estará marcado con cintas plásticas e en determinados puntos utilizaranse frechas. Ademais existirá un ou dous controis de paso no que o corredor será o responsable de garantir que o colaborador anote o seu dorsal.
- Quedará descualificado todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, non pase polos puntos de control establecidos, non leve o seu dorsal visible ou non cumpra as indicacións da organización.
- Quedará descualificado todo aquel corredor que deteriore a contorna ou tire algún residuo. En calquera proba de este tipo, é básico manter limpo o percorrido, pero neste caso por tratarse dun parque natural aínda o é máis.
- A organización resérvase o dereito a facer as modificacións que considere oportunas en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o requiren ou por forza maior.
- Todo participante ten o deber de prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado. A privación de auxilio será penalizada coa descualificación inmediata.
- Se o corredor decide retirarse, terallo que notificar obrigatoriamente a algún membro da organización.
- Os participantes autorizan aos organizadores o posible rexistro e publicación de fotos e vídeos en relación coa súa participación no evento.
- A organización non garante a cobertura en todo o percorrido, sendo o participante o principal responsable de si mesmo, en coñecemento das súa forma física e saúde.
- A Asociación Cultural Com. Festas Virgen Dolores non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais derivados da participación neste evento.
- A Asociación Cultural Com. Festas Virgen Dolores ten contratado un seguro de responsabilidade civil e ademais tódolos participantes teñen seguro de accidentes.
- Programa
- 16:30 - 21:00 (Sábado) Recollida dorsais
- 08:00 - 08:45 Recollida dorsais
- 09:00 Saída trail
- 09:30 Saída minitrail
- 13:00 Entrega de premios
- 14:00 Peche meta