O trail terá lugar o día 29 de abril de 2018 transcorrendo na súa maioría polo parque natural do Monte Aloia. O recorrido será circular con saída e meta no complexo deportivo da Macoca situado na parroquía de Pazos de Reis, no Concello de Tui. No seguinte enlace pódese ver a zona da saída/meta en Google Maps https://goo.gl/maps/9CohMM55CUB2.
A saída será as 9:00 e o regulamento está disponible no seguinte enlace.
Nesta terceira edición o percorrido, será bastante similar ao da segunda edición, pero existen pequenos cambios que inflúen na lonxitude final do trazado e no desnivel positivo, sendo a seguinte imaxe o perfil deste ano.
Lonxitude total: 24,3 km
Denivel positivo: 1498 m
O número de avituallamentos é de cinco.
- Aparcamento autobuses: Será sólido e líquido e estará nos quilómetros 6,2 e 19.
- Entorno da Pedra do Acordo: Será líquido no quilómetro 10,6.
- Desvío recorridos: Será sólido e líquido no quilómetro 15,4.
- Meta: Será sólido e líquido.
Aparcamento e duchas
Na seguinte imaxe mostrase a zona de meta e saída indicando a zona habilitada para aparcamento e as duchas.